O porqué deste blogue

Hoxe, 17 de Maio, abro este novo blog coa idea de conmemorar o día das letras Galegas e de, senon fomentar, cando menos difundir dúas das linguas que conviven co español nese extenso país que é España. Porque o español ou castelá, non é nin por asomo a única lingua que se emprega ó longo do territorio do país que me veu nacer. O cal enriquece as persoas que nesas zonas nacemos e crecemos, permitíndonos medrar con esa dualidade na mente que ten tantísimos beneficios para o cerebro, á vez que nos agasalla con esa outra visión do mundo e da vida.

Sei que para algún este blog non terá sentido. Sei que moitos non leerán o seu contido por medo a non entendelo ou por pensar que non merece a pena facer o esforzo que se necesita para entender una lingua que aínda que parecida, non é a propia. E sei quen haberá que aplauda o feito de que utilice este blogue para conmemorar as letras galegas pero que non entenda porque utilizarei tamén nel a lingua de Cataluña. Pero me importa o que todas esas persoas digan. Porque penso que tódalas linguas deberían ser defendidas, porque a riqueza que nos dan é moito máis importante que calqueira rivalidade política e porque se o galego irá conmigo alá onde vaia por ter nacido alí, o catalán irá tamén por terme enchido o corazón.

A maioría das publicacións serán posiblemente traduccións dos meus poemas, moitos publicados en castelán en “La isla de las palabras”, e algún artigos de “Reflejos de un alma en evolución”. Por iso o título non é senon una mestura dos nomes dos meus outros dous lienzos de reflexos.

domingo, 25 de mayo de 2014

ELS SENTIMENTS

Els sentiments
formen part de nosaltres,
no podem fer-los a un costat
i pensar que actuem
només com pensem.

No podem dir tampoc
que sense sentiments
nosaltres pensem,
dons por molt que
la lògica utilitzar intentem,
les emocions provocant
al nostre cap molts pensaments.

Actuar sense sentiments,
Que vol dir?
Que sentit té?
Si les emocions amb
nosaltres estan constantment,
si els pensament es tornen
amb les emocions sentiments,
si les actituds son
mestura de aquests tres.

Viure sense sentiments,
Quin sentit tindria?
Que podríeu fer?
sense el foc que ens mou
Una vegada s'ha encès
la flama dins del cos,
la que ens fa voler,
la que ens mou cap
a la muntanya, els Pirineus,
al Everest.

Que podríem fer
sense aquesta flama,
que en gardí ens permetre
convertir quelcom carrer?

sábado, 17 de mayo de 2014

CANTO ÁS LETRAS NA DISTANCIA



Con todo un mar
por separación,
uhna outra cultura
e lingua ó redor,
non pode hoxe
haber outra voz,
que a da lingua
galega dende
o meu interior.

Cunha azul inmensidade
e moitos quilómetros
entre nós,
non pode se non en galego
falar hoxe o meu corazón.

Cunha natureza que ó redor
 resplandece, e un caloriño
que non só ven do Sol,
síntome hoxe na obriga
de cantar esta canción.

Cántolle as letras
á lingua e as palabras galegas.
Cántolle ó recordo
da miña terra,
que neste día máis que noutros
debe brillar como a máis
lustrosa das estrelas.

Con esa luz propia
que solo ten ela,
alumando na noite máis espesa,
non importa se chove,
neva, ou fai néboa.

Sempre cantando
nas estranxeiras orellas,
non acostumadas
a linguas musicais,
a linguas verdadeiramente belas.

Lingua que intentaron
afogar no pozo do esquecido,
ós nosos antepasados
o seu uso prohibindo,
e que hoxe celebra
non ter darse por vencido,
e gracias ós corazóns dos poetas
tivo sobrevivido.

Para poder así hoxe,
agasallar ó noso ouvido,
permitíndonos gozar
de bolboretas, chícharos,
polbos e viños,
de cans e cadelas,
pan de millo e muíños.
de tantas e tantas palabras
que en nós teñen o niño,
 e que fan da nosa terra
e de nós mesmos, algo distinto.