O porqué deste blogue

Hoxe, 17 de Maio, abro este novo blog coa idea de conmemorar o día das letras Galegas e de, senon fomentar, cando menos difundir dúas das linguas que conviven co español nese extenso país que é España. Porque o español ou castelá, non é nin por asomo a única lingua que se emprega ó longo do territorio do país que me veu nacer. O cal enriquece as persoas que nesas zonas nacemos e crecemos, permitíndonos medrar con esa dualidade na mente que ten tantísimos beneficios para o cerebro, á vez que nos agasalla con esa outra visión do mundo e da vida.

Sei que para algún este blog non terá sentido. Sei que moitos non leerán o seu contido por medo a non entendelo ou por pensar que non merece a pena facer o esforzo que se necesita para entender una lingua que aínda que parecida, non é a propia. E sei quen haberá que aplauda o feito de que utilice este blogue para conmemorar as letras galegas pero que non entenda porque utilizarei tamén nel a lingua de Cataluña. Pero me importa o que todas esas persoas digan. Porque penso que tódalas linguas deberían ser defendidas, porque a riqueza que nos dan é moito máis importante que calqueira rivalidade política e porque se o galego irá conmigo alá onde vaia por ter nacido alí, o catalán irá tamén por terme enchido o corazón.

A maioría das publicacións serán posiblemente traduccións dos meus poemas, moitos publicados en castelán en “La isla de las palabras”, e algún artigos de “Reflejos de un alma en evolución”. Por iso o título non é senon una mestura dos nomes dos meus outros dous lienzos de reflexos.

domingo, 20 de julio de 2014



Desprecio.
Desconsideras,
negativas respostas.
 Agresivas, dolorosas
egoístas sobre tódalas cousas.

Reflexos do día a día
Durante aqueles anos
Que cría ían durar toda a vida.

Bágoas de sal e sangue.
Cravadas dagas
como dardos silenciadas;
ocultas no interior,
tras a forte coraza
que só deixaba reflexar
as esperanzas e a ilusión
por crerse amada.

Aquela ilusión lonxana,
que xunto a certo sonriso
víase máis cercana,
máis críble nos seus
soleados días,
mais pouco reales
na súa maioría,
pois non eran senon
basadas en mentiras;
co tempo
menos falsas,
co  tempo
máis certeras,
pero nunca chegando
a ser verdadeiras.

Mentiras misturadas
con desprezos,
todo tipo de palabras
e accións defendendo.
Ocultando o obvio
e alongando o tempo,
  de martirio permitido
por debilidade, por amor,
e por tanto medo.

Ferindo día a día,
nunca permitindo
pechar as antigas feridas.
Creando pouco a pouco
muros e barreiras,
que separaron o corazón
por fin da lóxica cabeza,
levantando paredes
cada vez de maior dureza,
ata encerrar o amor
nesa habitación que nunca tivo
porta, nin finestra.







No hay comentarios:

Publicar un comentario