O porqué deste blogue

Hoxe, 17 de Maio, abro este novo blog coa idea de conmemorar o día das letras Galegas e de, senon fomentar, cando menos difundir dúas das linguas que conviven co español nese extenso país que é España. Porque o español ou castelá, non é nin por asomo a única lingua que se emprega ó longo do territorio do país que me veu nacer. O cal enriquece as persoas que nesas zonas nacemos e crecemos, permitíndonos medrar con esa dualidade na mente que ten tantísimos beneficios para o cerebro, á vez que nos agasalla con esa outra visión do mundo e da vida.

Sei que para algún este blog non terá sentido. Sei que moitos non leerán o seu contido por medo a non entendelo ou por pensar que non merece a pena facer o esforzo que se necesita para entender una lingua que aínda que parecida, non é a propia. E sei quen haberá que aplauda o feito de que utilice este blogue para conmemorar as letras galegas pero que non entenda porque utilizarei tamén nel a lingua de Cataluña. Pero me importa o que todas esas persoas digan. Porque penso que tódalas linguas deberían ser defendidas, porque a riqueza que nos dan é moito máis importante que calqueira rivalidade política e porque se o galego irá conmigo alá onde vaia por ter nacido alí, o catalán irá tamén por terme enchido o corazón.

A maioría das publicacións serán posiblemente traduccións dos meus poemas, moitos publicados en castelán en “La isla de las palabras”, e algún artigos de “Reflejos de un alma en evolución”. Por iso o título non é senon una mestura dos nomes dos meus outros dous lienzos de reflexos.

sábado, 4 de octubre de 2014


Parou. Detívose.
Desapareceu por un instante.
Por uns minutos,
por unha eternidade.

Detívose na beira
do tempo e da distancia.
Na dor que coñeceu,
tan cerca e tan lonxana.

Detívose por ela,
por el e por o gran El,
pola dor que sabe
supón esa pérdida.

Pola imposibilidade de
volver ter unha conversa,
e polo recordo del,
da súa presencia.


Parou. Detívose.
Desapareceu por un instante.
Por uns minutos,
por unha eternidade.

Detívose pola dor,
pero máis pola impotencia,
por saberse moi lonxe
de quen necesita unha aperta.

Poucas veces o extranxeiro
pareceu un lugar tan lonxano,
poucas veces estar fóra
foi razón para doer tanto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario