O porqué deste blogue

Hoxe, 17 de Maio, abro este novo blog coa idea de conmemorar o día das letras Galegas e de, senon fomentar, cando menos difundir dúas das linguas que conviven co español nese extenso país que é España. Porque o español ou castelá, non é nin por asomo a única lingua que se emprega ó longo do territorio do país que me veu nacer. O cal enriquece as persoas que nesas zonas nacemos e crecemos, permitíndonos medrar con esa dualidade na mente que ten tantísimos beneficios para o cerebro, á vez que nos agasalla con esa outra visión do mundo e da vida.

Sei que para algún este blog non terá sentido. Sei que moitos non leerán o seu contido por medo a non entendelo ou por pensar que non merece a pena facer o esforzo que se necesita para entender una lingua que aínda que parecida, non é a propia. E sei quen haberá que aplauda o feito de que utilice este blogue para conmemorar as letras galegas pero que non entenda porque utilizarei tamén nel a lingua de Cataluña. Pero me importa o que todas esas persoas digan. Porque penso que tódalas linguas deberían ser defendidas, porque a riqueza que nos dan é moito máis importante que calqueira rivalidade política e porque se o galego irá conmigo alá onde vaia por ter nacido alí, o catalán irá tamén por terme enchido o corazón.

A maioría das publicacións serán posiblemente traduccións dos meus poemas, moitos publicados en castelán en “La isla de las palabras”, e algún artigos de “Reflejos de un alma en evolución”. Por iso o título non é senon una mestura dos nomes dos meus outros dous lienzos de reflexos.

domingo, 17 de mayo de 2015

O SON DO AR - Luar Na Lubre





O Son do ar,
esa melodía que sube e baixa,
espertando recordos,
enchendo de mar e bosques 
estes meus ollos
que non poden senon ver
imaxes daquela terra
que os veu nacer,
deleitando os meus oidos
que non poden senon bailar,
recordando esa lingua
que dende o silenzo,
acompaña esta melodía
protagonista desa niñez
tempo atrás perdida. 

17 DE MAIO
DIA DA LINGUA 
E DAS 
LETRAS 
GALEGAS

No hay comentarios:

Publicar un comentario